Nestas prácticas pídesenos que busquemos en BUSCOPIO ,que é un buscador de buscadores, información acerca de blogs, igual que na práctica anterior, soamente que nesta a busqueda é máis específica grazas ao buscador.
No primeiro apartado pídesenos que busquemos no apartado de "Buscadores xenéricos"e atopei un moi interesante, denominado Bing. Nel busquei unha páxina sobre blogs e nesta danos información sobre como mellorar o BLOG , é moi interesante.
No seguinte apartado temos que buscar en internet, e hai unha páxina na que a parte de poder buscar blogs, tamén temos moitísimas funcións, entre as que destaquei as ferramentas e utilidades para bloggers, o nome desta páxina é BITACORAS .
Na seguinte práctica pídesenos que busquemos no apartado de informática na páxina de Buscopio, e neste costoume atopar algo decente, pero ao final vin este VÍDEO, que me pareceu bo para as persoas que non saben como subir diapositivas, grabacións, imaxes, etc.
Xa para rematar, buscando en Educación atopei unha páxina que da unha gran variedade de información sobre as TICs, visiten esta páxina WEB e atoparedes todo o necesario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario